sábado, 17 de marzo de 2018

Para saber máis

El antiguo Egipto en minutosLa antigua Grecia en minutosEl imperio romano en 10 minutos

Exipto


Vídeo de Artehistoria

TRABALLO SOBRE OS DEUSES GREGOS E ROMANOS


O traballo versará sobre a mitoloxía grega e romana. Explicaranse non so os diversos deuses, senón tamén as orixes da devandita mitoloxía, así como as conexións e equivalencias entre as mitoloxías grega e romana.

O traballo deberá conter mapas, fotos, ilustracións, etc….

Expoñerase en clase cando cheguemos ao punto 7 do tema 9 (páxina 212 do libro).

A exposición, así como a realización do traballo, desenvolveranse en todo caso en lingua galega.


TEMPORALIZACIÓN

Antes do 13 de abril, os coordinadores deberán enviar un correo electrónico ao enderezo gasparxeografiahistoria@gmail.com indicando o seguinte:
  • Estrutura básica do traballo que se vai desenvolver, indicando os apartados en que se vai dividir o mesmo, así como unha breve sinopse de cada un deles.
  • Material e medios a utilizar: gráficos, informáticos, etc….
  • Membro do grupo que vai expoñer cada un dos apartados.

Unha vez dado o visto e prace por parte do profesor, procederase a realizar o traballo, tendo en conta as datas de exposición na clase sinaladas


TRABALLO SOBRE A CONQUISTA DE HISPANIA


O traballo versará sobre a conquista de Hispania por Roma. Deberá partirse das guerras púnicas facer unha breve exposición de como se foi producindo a conquista do territorio, do que buscaban os romanos en Hispania, dos pobos sometidos, etc, para centrarnos na conquista do noroeste peninsular e na fundación de Lucus Augusti.
Deberá poñerse en relación coa explotación dos recursos naturais nos territorios veciños, así como co resto de cidades augustas da península.

O traballo deberá conter mapas, fotos, ilustracións, etc….

Expoñerase en clase cando cheguemos ao punto 3 do tema 11 (páxina 264 do libro).

A exposición, así como a realización do traballo, desenvolveranse en todo caso en lingua galega.



TEMPORALIZACIÓN
Antes do 13 de abril, os coordinadores deberán enviar un correo electrónico ao enderezo gasparxeografiahistoria@gmail.com indicando o seguinte:
  • Estrutura básica do traballo que se vai desenvolver, indicando os apartados en que se vai dividir o mesmo, así como unha breve sinopse de cada un deles.
  • Material e medios a utilizar: gráficos, informáticos, etc….
  • Membro do grupo que vai expoñer cada un dos apartados.

Unha vez dado o visto e prace por parte do profesor, procederase a realizar o traballo, tendo en conta as datas de exposición na clase sinaladas


TRABALLO SOBRE ROMA


O traballo versará sobre a figura do máis grande inimigo de Roma: o xeneral cartaxinés Aníbal. Deberá conter unha breve contextualización xeográfica e histórica da Roma antiga, incluíndo os aspectos económicos, sociais, políticos e relixiosos, e explicando mediante mapas as respectivas situacións xeográficas de Roma, Cartago e Hispania no Mediterráneo. Unha vez contextualizado, pasaranse a explicar as guerras púnicas e a loita pola hexemonía no Mediterráneo entre estas dúas potencias, rematando coas campañas de Aníbal e a súa ulterior derrota.

O traballo deberá conter mapas, fotos, ilustracións, etc….

Expoñerase en clase cando cheguemos ao punto 3 do tema 10 (páxina 234 do libro).

A exposición, así como a realización do traballo, desenvolveranse en todo caso en lingua galega.



TEMPORALIZACIÓN
Antes do 13 de abril, os coordinadores deberán enviar un correo electrónico ao enderezo gasparxeografiahistoria@gmail.com indicando o seguinte:
  •  Estrutura básica do traballo que se vai desenvolver, indicando os apartados en que se vai dividir o mesmo, así como unha breve sinopse de cada un deles.
  • Material e medios a utilizar: gráficos, informáticos, etc….
  • Membro do grupo que vai expoñer cada un dos apartados.

Unha vez dado o visto e prace por parte do profesor, procederase a realizar o traballo, tendo en conta as datas de exposición na clase sinaladas


TRABALLO SOBRE A ANTIGA GRECIA


O traballo versará sobre a figura de Alexandre Magno.
Deberá conter unha breve contextualización xeográfica e histórica da Grecia antiga, incluíndo os aspectos económicos, sociais, políticos e relixiosos, e explicando mediante mapas a situación das antigas poles gregas, das colonias,  e de Macedonia. Deberá situarse o reinado de Filipo II de Macedonia no contexto do final das guerras do Peloponeso. Unha vez contextualizado, pasarase a explicar o reinado de Alexandre, así como as súas conquistas, para finalizar coa división do seu imperio por parte dos seus xenerais, á súa morte.

O traballo deberá conter mapas, fotos, ilustracións, etc….

Expoñerase en clase cando cheguemos ao punto 5 do tema 9 (páxina 208 do libro)

A exposición, así como a realización do traballo, desenvolveranse en todo caso en lingua galega.



TEMPORALIZACIÓN
Antes do 13 de abril, os coordinadores deberán enviar un correo electrónico ao enderezo gasparxeografiahistoria@gmail.com indicando o seguinte:
  •    Estrutura básica do traballo que se vai desenvolver, indicando os apartados en que se vai dividir o mesmo, así como unha breve sinopse de cada un deles.
  • Material e medios a utilizar: gráficos, informáticos, etc….
  • Membro do grupo que vai expoñer cada un dos apartados.

Unha vez dado o visto e prace por parte do profesor, procederase a realizar o traballo, tendo en conta as datas de exposición na clase sinaladas


TRABALLO SOBRE O ANTIGO EXIPTO

O traballo versará sobre a figura do faraón Akenatón (tamén chamado Amenofis IV ou Amenoteph IV).
Deberá conter unha breve contextualización xeográfica e histórica do antigo Exipto, incluíndo os aspectos económicos, sociais, políticos e relixiosos. A partir de eses datos deberá explicarse a “revolución” relixiosa, así como as diversas transformacións que levou a cabo Akenatón”.
Non se deberá esquecer que a esposa de Akenatón era a bela Nefertiti, da que se conserva un famoso busto, nin que Tutankamón (unha das poucas tumbas reais que se atopou intacta) era seu fillo.
O traballo deberá conter mapas, fotos, ilustracións, etc….

A exposición deste traballo levarase a cabo a finais de abril ou primeiros de maio.
A exposición, así como a realización do traballo, desenvolveranse en todo caso en lingua galega.


TEMPORALIZACIÓN
Antes do 13 de abril, os coordinadores deberán enviar un correo electrónico ao enderezo gasparxeografiahistoria@gmail.com indicando o seguinte:
·         Estrutura básica do traballo que se vai desenvolver, indicando os apartados en que se vai dividir o mesmo, así como unha breve sinopse de cada un deles.
·         Material e medios a utilizar: gráficos, informáticos, etc….
·         Membro do grupo que vai expoñer cada un dos apartados.
Unha vez dado o visto e prace por parte do profesor, procederase a realizar o traballo, tendo en conta as datas de exposición na clase sinaladas

Batalla de Andagoste. Exposición de Irati.

Vídeo