O traballo versará
sobre a figura do máis grande inimigo de Roma: o xeneral cartaxinés Aníbal. Deberá
conter unha breve contextualización xeográfica e histórica da Roma antiga, incluíndo
os aspectos económicos, sociais, políticos e relixiosos, e explicando mediante
mapas as respectivas situacións xeográficas de Roma, Cartago e Hispania no
Mediterráneo. Unha vez contextualizado, pasaranse a explicar as guerras púnicas
e a loita pola hexemonía no Mediterráneo entre estas dúas potencias, rematando
coas campañas de Aníbal e a súa ulterior derrota.
O traballo deberá
conter mapas, fotos, ilustracións, etc….
Expoñerase en clase
cando cheguemos ao punto 3 do tema 10 (páxina 234 do libro).
A exposición, así como a realización do traballo, desenvolveranse en todo caso en lingua galega.
A exposición, así como a realización do traballo, desenvolveranse en todo caso en lingua galega.
TEMPORALIZACIÓN
Antes do 13 de abril,
os coordinadores deberán enviar un correo electrónico ao enderezo gasparxeografiahistoria@gmail.com
indicando o seguinte:
- Estrutura básica do traballo que se vai desenvolver, indicando os apartados en que se vai dividir o mesmo, así como unha breve sinopse de cada un deles.
- Material e medios a utilizar: gráficos, informáticos, etc….
- Membro do grupo que vai expoñer cada un dos apartados.
Unha vez dado o visto
e prace por parte do profesor, procederase a realizar o traballo, tendo en
conta as datas de exposición na clase sinaladas
Ningún comentario:
Publicar un comentario