sábado, 17 de marzo de 2018

TRABALLO SOBRE A ANTIGA GRECIA


O traballo versará sobre a figura de Alexandre Magno.
Deberá conter unha breve contextualización xeográfica e histórica da Grecia antiga, incluíndo os aspectos económicos, sociais, políticos e relixiosos, e explicando mediante mapas a situación das antigas poles gregas, das colonias,  e de Macedonia. Deberá situarse o reinado de Filipo II de Macedonia no contexto do final das guerras do Peloponeso. Unha vez contextualizado, pasarase a explicar o reinado de Alexandre, así como as súas conquistas, para finalizar coa división do seu imperio por parte dos seus xenerais, á súa morte.

O traballo deberá conter mapas, fotos, ilustracións, etc….

Expoñerase en clase cando cheguemos ao punto 5 do tema 9 (páxina 208 do libro)

A exposición, así como a realización do traballo, desenvolveranse en todo caso en lingua galega.



TEMPORALIZACIÓN
Antes do 13 de abril, os coordinadores deberán enviar un correo electrónico ao enderezo gasparxeografiahistoria@gmail.com indicando o seguinte:
  •    Estrutura básica do traballo que se vai desenvolver, indicando os apartados en que se vai dividir o mesmo, así como unha breve sinopse de cada un deles.
  • Material e medios a utilizar: gráficos, informáticos, etc….
  • Membro do grupo que vai expoñer cada un dos apartados.

Unha vez dado o visto e prace por parte do profesor, procederase a realizar o traballo, tendo en conta as datas de exposición na clase sinaladas


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Batalla de Andagoste. Exposición de Irati.

Vídeo