O traballo versará
sobre a figura do faraón Akenatón (tamén chamado Amenofis IV ou Amenoteph IV).
Deberá conter unha
breve contextualización xeográfica e histórica do antigo Exipto, incluíndo os
aspectos económicos, sociais, políticos e relixiosos. A partir de eses datos
deberá explicarse a “revolución” relixiosa, así como as diversas
transformacións que levou a cabo Akenatón”.
Non se deberá
esquecer que a esposa de Akenatón era a bela Nefertiti, da que se conserva un
famoso busto, nin que Tutankamón (unha das poucas tumbas reais que se atopou
intacta) era seu fillo.
O traballo deberá
conter mapas, fotos, ilustracións, etc….
A exposición deste
traballo levarase a cabo a finais de abril ou primeiros de maio.
A exposición, así como a realización do traballo, desenvolveranse en todo caso en lingua galega.
A exposición, así como a realización do traballo, desenvolveranse en todo caso en lingua galega.
TEMPORALIZACIÓN
Antes do 13 de abril,
os coordinadores deberán enviar un correo electrónico ao enderezo gasparxeografiahistoria@gmail.com
indicando o seguinte:
·
Estrutura básica do traballo
que se vai desenvolver, indicando os apartados en que se vai dividir o mesmo,
así como unha breve sinopse de cada un deles.
·
Material e medios a
utilizar: gráficos, informáticos, etc….
·
Membro do grupo que vai
expoñer cada un dos apartados.
Unha vez dado o visto e
prace por parte do profesor, procederase a realizar o traballo, tendo en conta as
datas de exposición na clase sinaladas
Ningún comentario:
Publicar un comentario