sábado, 17 de marzo de 2018

TRABALLO SOBRE A CONQUISTA DE HISPANIA


O traballo versará sobre a conquista de Hispania por Roma. Deberá partirse das guerras púnicas facer unha breve exposición de como se foi producindo a conquista do territorio, do que buscaban os romanos en Hispania, dos pobos sometidos, etc, para centrarnos na conquista do noroeste peninsular e na fundación de Lucus Augusti.
Deberá poñerse en relación coa explotación dos recursos naturais nos territorios veciños, así como co resto de cidades augustas da península.

O traballo deberá conter mapas, fotos, ilustracións, etc….

Expoñerase en clase cando cheguemos ao punto 3 do tema 11 (páxina 264 do libro).

A exposición, así como a realización do traballo, desenvolveranse en todo caso en lingua galega.



TEMPORALIZACIÓN
Antes do 13 de abril, os coordinadores deberán enviar un correo electrónico ao enderezo gasparxeografiahistoria@gmail.com indicando o seguinte:
  • Estrutura básica do traballo que se vai desenvolver, indicando os apartados en que se vai dividir o mesmo, así como unha breve sinopse de cada un deles.
  • Material e medios a utilizar: gráficos, informáticos, etc….
  • Membro do grupo que vai expoñer cada un dos apartados.

Unha vez dado o visto e prace por parte do profesor, procederase a realizar o traballo, tendo en conta as datas de exposición na clase sinaladas


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Batalla de Andagoste. Exposición de Irati.

Vídeo