sábado, 17 de marzo de 2018

TRABALLO SOBRE OS DEUSES GREGOS E ROMANOS


O traballo versará sobre a mitoloxía grega e romana. Explicaranse non so os diversos deuses, senón tamén as orixes da devandita mitoloxía, así como as conexións e equivalencias entre as mitoloxías grega e romana.

O traballo deberá conter mapas, fotos, ilustracións, etc….

Expoñerase en clase cando cheguemos ao punto 7 do tema 9 (páxina 212 do libro).

A exposición, así como a realización do traballo, desenvolveranse en todo caso en lingua galega.


TEMPORALIZACIÓN

Antes do 13 de abril, os coordinadores deberán enviar un correo electrónico ao enderezo gasparxeografiahistoria@gmail.com indicando o seguinte:
  • Estrutura básica do traballo que se vai desenvolver, indicando os apartados en que se vai dividir o mesmo, así como unha breve sinopse de cada un deles.
  • Material e medios a utilizar: gráficos, informáticos, etc….
  • Membro do grupo que vai expoñer cada un dos apartados.

Unha vez dado o visto e prace por parte do profesor, procederase a realizar o traballo, tendo en conta as datas de exposición na clase sinaladas


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Batalla de Andagoste. Exposición de Irati.

Vídeo